Axenda

xoves

31

outubro

Proceso obtención selos europeos EUR-ACE

Selos EUR-ACE Proceso para a obtención dos selos europeos EUR-ACE nos Graos en Enxeñería Mecánica, Tecnoloxías Industriais e Electrónica Industrial e Automática

Dentro da política de calidade do centro, que busca consolidar unha cultura de calidade no ámbito universitario, a Escola solicitou a concesión do selo EUR-ACE para os graos en Enxeñería Mecánica, Tecnoloxías Industriais e Electrónica Industrial e Automática.

Os días 29, 30 e 31 de outubro está previsto que expertos da ANECA visiten a Escola para examinar as instalacións e entrevistarse con distintos colectivos.