Instruccións para seleccionar Grupo

Alumnos de Primeiro curso que se matriculan por primeira vez

No curso académico 2018/2019 os alumnos de primeiro curso dos 7 graos impartidos na Escola de Enxeñería Industrial (EEI) compartirán as materias do 1º curso. Cada alumno matricularase no Grao seleccionado (sempre que existan prazas vacantes) pero, como o 1º curso é común a todos os Graos, os alumnos compartirán os 10 grupos de primeiro curso.

O alumno deberá completar a súa matriculación no Grao elixido a través da aplicación de matrícula da Universidade de Vigo e deberá premer no botón de elección de grupo.

Deberá ordear de maior a menor preferencia a sede (campus ou cidade) e  a quenda (mañá nas dúas sedes ou tarde soamente na cidade) do grupo de teoría do primeiro curso. Esta prelación é meramente informativa e non vinculante para o centro. A adxudicación dos alumnos a cada grupo farase tendo en conta a nota de acceso á universidade e as necesidades de organización académica da EEI.

Así mesmo, todos os novos alumnos do 1º curso poderán seleccionar se desexan docencia bilingüe ou non. A adxudicación de alumnos ó grupo C no campus (docencia bilingüe) farase tendo en conta a nota de acceso á universidade e as necesidades de organización académica da EEI.

Os alumnos matriculados durante os dous primeiros chamamentos da CIUG poderán coñecer a asignación de grupo durante a última semana de xullo a través da Secretaría Virtual do alumno

Aos alumnos que se matriculen durante os seguintes chamamentos, asignaráselle o grupo no mes de setembro segundo a matrícula.

 

Dibujito verdeGrupos de 1º curso

 

Alumnos de Continuación de Estudos

Antes de realizar a súa matrícula, os alumnos deben comprobar ben os horarios. A Escola non pode garantir a compatibilidade de horarios entre materias de cursos diferentes. Non se concederán cambios de grupo debido a esta causa.

O alumno completará a súa matriculación na páxina web da Universidade de Vigo e deberá premer no botón de elección de Grupo. En función do Grao no que está matriculado poderá expresar a súa preferencia de Sede e/ou Turno na pantalla que se lle abrirá a continuación.Esta preferencia é meramente informativa e non vinculante para o centro.

A adxudicación de alumnos a cada grupo farase tendo en conta o expediente académico e as necesidades de organización académica da EEI.

Así mesmo os alumnos poderán seleccionar se desexan docencia en inglés segundo a oferta dispoñible para o grao correspondente. A adxudicación de alumnos farase tendo en conta o expediente do alumno e as necesidades de organización académica da EEI.

A composición dos Grupos farase pública os primeiros días de setembro.

Dibujito verdeGrupos de 2º curso

Dibujito verdeGrupos de 3º curso

Dibujito verdeGrupos de 4º curso

Dibujito verdeListado de materias optativas xerais 4º curso