Graduación EEI

Cartel graduación 18-19

O Acto de graduación é un dos momentos máis importantes da vida universitaria, un día inolvidable tanto para os alumnos como para os seus familiares o todo o persoal da EEI. 

Todos estes anos, na Escola de Enxeñería Industrial conseguimos un gran éxito de organización grazas á colaboración de todos/as, especialmente do alumnado e tamén do profesorado.

Este ano, a Escola de Enxeñería Industrial, acada a súa cuarta promoción do alumnado que finaliza os seus estudos no marco do Mestrado de Enxeñería Industrial, ademais da sexta promoción de alumnos que cursaron algún dos seis graos impartidos na Escola de Enxeñería Industrial. Asemade, gradúase unha nova promoción de todos os estudos de Mestrados Profesionalizantes ofertados na nosa Escola e tamén a promoción do Mestrado en Enxeñería de Organización.

Requisitos para graduarse:

  • Estar matriculado nunha titulación da EEI
  • Os alumnos de Grao deberán ter superados, como mínimo, as tres cuartas partes dos créditos na data de peche de actos do primeiro cuadrimestre. De xeito excepcional, na edición deste ano, permitirase a participación cando se teñan superados más de 150 créditos o remate do primeiro cuadrimestre (2 de febreiro de 2019)

O alumnado interesado en asistir deberá cubrir os seus datos a través do formulario, e indicar ademáis, o número de invitados que o acompañarán ao evento xa que se precisa invitación para poder entra ao recinto.

Para que todo vaia ben, a EEI considera fundamental:

  • Que os/as graduados/as acudan con roupa acorde á importancia do acto.
  • Rógase puntualidade. Os graduados/as deberán estar no recinto unha hora e media antes do comezo para o ensaio xeral e ocupar os asentos 15 minutos antes do comezo
  • Nas invitacións, tanto dos/as graduados/as como dos seus acompañantes, aparecerá o número de butaca asignada. É preciso que se repecte a asignación que figura na invitación

Estade atentos as novas!

Non vos esquezades de facer o rexistro!