Wi-Fi

Redes wireless

A Universidade de Vigo ten implantada unha rede sen fíos que se estende a todos os centros de todos os campus. A rede foi deseñada para que funcione cos sistemas operativos máis usados.

Rede ALUMNOS

Na escola podes acceder á rede Wi-Fi a través da rede de ALUMNOS. A conexión á rede non está protexida, pero unha vez aberto o navegador requirirase nese momento un usuario e un contrasinal.

Para poder conectarte necesitas obter unha conta de correo electrónico da Universidade de Vigo. Unha vez feita, tanto o usuario como o contrasinal de aceso á Wi-Fi correspóndense co usuario e contrasinal da túa conta de correo. 

Por exemplo:
Correo Uvigo: exemplo@alumnos.uvigo.es
Contrasinal Uvigo: 1234
Usuario alumnos: exemplo@alumnos.uvigo.es
Contrasinal alumnos: 1234

Cómpre subliñar que a rede sen fíos ALUMNOS non está encriptada, isto é, as conexións van en claro polo aire, polo que un usuario avantaxado podería chegar a ver as comunicacións. Avisamos sobre isto para que os usuarios/as utilicen a rede sen fíos de xeito coidadoso.

Rede Eduroam

Se queremos usar unha conexión segura temos dispoñible unha rede segura denominada Eduroam, que poden utilizala tanto usuarios/as internos da Universidade de Vigo que desexen conectarse de forma segura, como usuarios/as doutras institucións afiliadas ao proxecto Eduroam.

Para conectarnos dende a Universidade de Vigo o máis sinxelo é utilizar a plataforma EDUROAM-CAT para instalar o software. Para elo temos que acceder á web http://cat.eduroam.org, seleccionar como institución á Universidade de Vigo e descargar o software para o noso sistema operativo. Despois introduciremos o noso usuario e contrasinal e xa o temos listo.

Dibujito verdeMáis información sobre Eduroam