Actividades de acogida 2019/2020

Todo o alumnado da nosa Escola debe participar nas actividades de acollida que organizamos tanto para o caso de que empece con nós neste curso como se xa nos coñece. Aínda que é posible que xa se saiban moitas das cousas que imos contar, a experiencia dinos que nunca está de máis coñecer algunhas máis.

É por isto, e co obxecto de traballar con información de primeira man, que ofrecemos estas actividades organizadas para o alumnado con temas que son de interese e que lle afectan directamente.

As actividades académicas para os alumnos de Grao e Mestrados Académicos da EEI matriculados no curso 2019/2020 terán lugar durante a segunda semana do mes de setembro.

A programación detallada destas actividades pode consultarse na seguinte ligazón. Recoméndase estar atento ás novas da web da Escola por se houbera algunha modificación ou axuste.

A actividade docente (clases) comezará o luns 16 de setembro de acordo coa Planificación aprobada pola Comisión permanente da EEI