Robot competition

 VI Competición Robots

A Escola de Enxeñería Industrial (EEI) da Universidade de Vigo está preparando unha nova edición da Competición de Robots en colaboración coa Rama de Estudantes do IEEE (Institute of Electrical and Electronics Engineers) e a Sección de Estudantes de ISA (International Society of Automation) da Universidade de Vigo.

É un concurso que vimos impulsando dende a EEI co obxecto de despertar o interese polas disciplinas STEAM. Pretende ser unha xornada de convivencia na que poder compartir experiencias con outras persoas que teñen en común unha mesma paixón.

Unha oportunidade para aprender na que os equipos concursantes poderán familiarizarse co mundo da robótica participando na montaxe e programación dun robot móbil partindo do kit básico establecido pola organización.

En breve estará disponible toda a información de interese para participar no concurso que nesta edición contará con novas probas.

Comeza a prepararte! Esperámoste!

 

 

bases

inscribete

 

 

 

 

 

 

 

Documents and links

Bases VI Competición de Robots
Programa concurso
Distribución tapices
Normas puntuación concurso