Graduation

Cartel graduación 18-19 sen data

O Acto de graduación é un dos momentos máis importantes da vida universitaria, un día inolvidable tanto para os alumnos como para os seus familiares. 

Todos estes anos, na Escola de Enxeñería Industrial conseguimos un gran éxito de organización grazas á colaboración de todos/as, especialmente do alumnado e tamén do profesorado.

Este ano, a Escola de Enxeñería Industrial, acada a súa quinta promoción do alumnado que finaliza os seus estudos no marco do Mestrado de Enxeñería Industrial, ademais da sétima promoción de alumnos que cursaron algún dos seis graos impartidos na Escola de Enxeñería Industrial. Asemade, gradúase unha nova promoción de todos os estudos de Mestrados Profesionalizantes ofertados na nosa Escola.

Requisitos para graduarse:

  • Estar matriculado nunha titulación da EEI
  • O alumnado de Grao deberá ter superados, como mínimo, as tres cuartas partes dos créditos na data de peche das actas do primeiro cuadrimestre (7 de febreiro de 2020).

O alumnado interesado en asistir deberá cubrir os seus datos a través do formulario, cando se abra o prazo, e indicar ademáis, o número de convidados que o acompañarán ao evento xa que se precisa invitación para poder entra ao recinto.

Para que todo vaia ben, a EEI considera fundamental:

  • Que os/as graduados/as acudan con roupa acorde á importancia do acto.
  • Prégase puntualidade. Os graduados/as deberán estar no recinto unha hora e media antes do comezo para o ensaio xeral e ocupar os asentos 15 minutos antes do comezo
  • Nas invitacións, tanto dos/as graduados/as como dos seus acompañantes, aparecerá o número de butaca asignada. É preciso que se repecte a asignación que figura na invitación

Estade atentos as novas!

Non vos esquezades de facer o rexistro cando se abra o prazo!

Documents and links

Formulario acto de graduación (disponible cando estea aberto o prazo)