Student Association

dai

 

 

 

A Delegación de Alumnos da EEI é unha asociación integrada exclusivamente por estudantes da EEI que ten como principais obxectivos a representación estudantil nos órganos de goberno do centro, a divulgación de contidos e a organización de eventos culturais e, como non, aconsellar ao alumnado que así o desexe, en calquera ámbito da vida universitaria.

A Delegación de Alumnos dispón de espazos en cada unha das dúas sedes da EEI, Cidade e Campus. Proporciona servizos de impresión, escaneo, plastificado de documentos e encadernación. Nas salas hai varios ordenadores.

Sede Cidade:

Na Sede Cidade a DAI está situada na planta baixa do edificio principal segundo se amosa na seguinte imaxe. Ocupa unha superficie de 63m2, repartida entre unha sala multiusos e dous despachos. Conta con varios ordenadores para uso do alumnado.

dai_cidade

 

Sede Campus:

Na Sede Campus, a superficie total ascende a 99m2. na seguinte imaxe amósase a súa ubicación dentro da zona común xunto coa Sala de Estudos e a Sala de Ordenadores (SOA), espazos que están a disposición dos alumnos.

dai_campus