Escola de Enxeñería Industrial

UNA OPCIÓN SEGURA...

¡¡INFÓRMATE!!

¿TE LA VAS A PERDER?

¡¡INFÓRMATE!!

previous arrow
next arrow
Slider

NOTICIAS

13 Abr 2024
Programa de axudas “alén do Miño” Posted in: Internacional63 -
Convocatoria curso 2023/24 +
03 Abr 2024
Obradoiro: “Busca bibliográfica en investigación en saúde” Posted in: A escola60 -
Venres 19 de abril - 16:30 horas - Hospital Álvaro Cunqueiro +
03 Abr 2024
Prácticas de verán na Universidade de Bielsko-Biala (Polonia) Posted in: Internacional63 -
Solicitudes ata o 6 de maio de 2024 +
15 Mar 2024
Resolución definitiva Erasmus-estudos curso 2024/25 Posted in: Internacional63 -
Listaxe definitiva de candidaturas seleccionadas +
15 Mar 2024
O clúster da Automoción interésase polo talento da EEI Posted in: Alumnado62, Alumnado62 -
Plan de atracción de talento +
15 Mar 2024
Convocatoria programa de mobilidade Stella Junior 2024 Posted in: Internacional63 -
Solicitudes ata o 9 de abril de 2024 ás 12:00 horas +
11 Mar 2024
International Project Semester (IPS), HTW Saar (Alemania) Posted in: Internacional63 -
Estadía do 01/10/2024 ao 28/02/2025 +
07 Mar 2024
Día internacional da muller 2024 Posted in: A escola60, Estudos61 -
Recoñecemento á iniciativa Elas Fan CienTec +
06 Mar 2024
Resolución provisional Erasmus-estudos curso 2024/25 Posted in: Internacional63 -
Alegacións ata o mércores 13 de marzo ás 23:59 hora peninsular española +
06 Mar 2024
Solicitude de modalidade de avaliación global 2023/24 Posted in: Estudos61 -
Publicación resolución 2º cuadrimestre +

AXENDA

Lun
10
Xuñ
2024

Ampliado o prazo de inscrición ata o luns 22 de abril!
 
 
 
O Acto de Graduación do alumnado da EEI de todas as titulacións de grao e dos Mestrados en Enxeñería Industrial, Enxeñería Biomédica e Fabricación Aditiva terá lugar o luns 10 de xuño de 2024 no Auditorio de Congresos Mar de Vigo.
 
Se queres participar nun día tan especial e cumpres os requisitos é necesario que fagas a inscrición no formulario de asistencia para poder realizar unha previsión de asistentes. O prazo ampliouse ata o luns 22 de abril.
 
Podes consultar máis información na seguinte ligazón.

Ven
19
Abr
2024
10:30

Nova edición do Concurso de Robots da EEI con novas probas, novos retos e ilusións.
 
 

A 7ª Competición de robots da EEI terá lugar o venres 19 de abril na EEI – Sede Campus, a partir das 10:30 horas.

 

Unha oportunidade para aprender, na que os equipos participantes poderán familiarizarse co mundo da robótica participando na montaxe e programación dun robot móbil, partindo do kit básico establecido pola organización.

 

Esperámoste o 19 de abril!

 

Podes consultar máis información na seguinte ligazón.

Ven
19
Abr
2024
16:30

16:30 horas no Hospital Álvaro Cunqueiro. Bloque técnico. Planta 2. Vela D.
 
 

O obxectivo principal desta xornada é que o alumnado sexa capaz de acceder e, na medida do posible, conseguir o texto completo das principais referencias bibliográficas que poidan ser de interese para un estudo ou unha investigación.

 

Terá unha duración de 2 horas e será impartida por Dª. Yolanda Sanmartín Reinoso, Bibliotecaria Documentalista na Área sanitaria de Vigo, e moderada polo Dr. José María Pego Reigosa, do Servizo de Reumatoloxía da Área sanitaria de Vigo e coordinador do Grupo de Investigación IRIDIS (Investigation in Rheumatology and Immune-Mediated Diseases).

 

Para asistir é necesario rexistrarse no seguinte formulario ata o 15 de abril ás 12:00 horas. A selección realizarase por orde de inscripción, dando preferencia ao alumnado de 2º curso do Grao en Enxeñería Biomédica.

 

Mar
09
Abr
2024
16:00

High Tech Auto - Bouzas
 
 

Dende o Mestrado en Enxeñería da Automoción organizamos unha nova charla-coloquio. Nesta ocasión, desprazarémonos ata o High Tech Auto, na área Portuaria de Bouzas.
 
O programa será o seguinte:
 

  • 16:00 - 16:40 horas. Presentación de High Tech Auto e visita ás súas instalacións. Exercerá de anfitrión Heiko Unzalu, responsable da HTA no consorico da Zona Franca de Vigo.
  •  

  • 16:40 - 17:40 horas. Charla impartida por Pablo Penedo Sienes (Aerodynamicist en Alpine F1 Team - Oxford), baixo o título "Afinando aleróns para a F1". Terá lugar nas propias instalacións de HTA.
  •  
    Pablo Penedo estudou o Grao en Enxeñería en Mecánica na nosa Escola e actualmente é un especialista no deseño e análise de aleróns mediante o uso de técnicas CFD.
     

    Nesta charla falaranos sobre o seu emocionante traballo na Fórmula 1, onde leva ao límite as prestacións dun vehículo.
     
    A charla concluirá cun pequeno coloquio onde Pablo Penedo estará aberto a todas as preguntas que lle queirades realizar.
     

    Como o número de prazas é limitado, para poder asistir é necesario cubrir o seguinte formulario.

     

    Poñerémonos en contacto cos asistentes para confirmar a súa praza.
     

Xov
21
Mar
2024
12:00Paraninfo EEI - Sede Cidade

O xoves 21 de marzo, a partir das 12:00 horas, celebrarase o acto académico do patrón da Escola de Enxeñería Industrial.
 
 

 
Para asistir é necesario rexistrarse antes das 14:00 horas do 18 de marzo a través do QR ou na ligazón:
https://forms.gle/ndWg56buNQ6Q3du59
 

 
O programa do acto podes consultalo na seguinte ligazón: Programa acto académico patrón EEI.

 

 

Mar
19
Mar
2024
13:00

O martes 19 de marzo, a partir das 13:00 horas, terá lugar na EEI o lanzamento dun programa de talento posto en marcha polo Clúster de Automoción de Galicia.
 
 

O obxectivo deste programa é achegar o talento das universidades ás empresas de automoción e mobilidade de Galicia.
 

Se es estudante do último ano de grao ou mestrado, non deixes escapar esta oportunidade e amosa o teu talento! Terás grandes vantaxes e a posibilidade de gañar importantes premios.

 

Achégate o próximo 19 de marzo á presentación que terá lugar no salón de actos da EEI-Sede campus e que tamén poderás seguir dende o Paraninfo da EEI-Sede Cidade, e coñece todos os detalles.

 

Non perdas este programa e participa!
 

Consulta toda a información escaneando o seguinte QR ou picando na ligazón:
 

 
CEAGA Talent Race

Mar
05
Mar
2024

Do 5 ao 7 de marzo terá lugar unha nova edición deste Foro.
 
 
 

 
Trátase dun evento para achegar o mundo laboral ao alumnado das diferentes escolas de enxeñaría da Universidade, aprendendo como se traballa en equipo nunha empresa.
 
Haberá diversos obradoiros e conferencias, impartidos polas empresas que participarán nesta próxima edición do foro.
 

Non deixes pasar esta oportunidade de asistir ao XXIV Foro Tecnolóxico de Emprego para complementar a túa formación e amosarlle ás empresas o teu talento.
 

Máis información en https://www.forotecnoloxico.net/, nas súas redes sociais e no programa do evento.
 

Ven
23
Feb
2024
16:00

Venres 23 de febreiro, ás 16:00 horas, na Aula de Grao da Escola de Enxeñería Industrial - Sede Campus.

 

 

O Mestrado en Enxeñería da Automoción organiza unha nova charla dentro do ciclo de charlas en enxeñería da automoción.

 

Será impartida por D. Juan Antonio Muñoz Codina, Director Industrial Stellantis Península Ibérica, que nos falará do proceso de transformación do automóbil. Juan Antonio Muñoz formouse como enxeñeiro na nosa Escola e ocupou ao longo de toda a súa carreira en Stellantis importantes postos directivos.

 

Para poder asistir é necesario facer o rexistro no seguinte formulario.

Xov
08
Feb
2024
09:30

O 8 de febreiro recibiremos a un grupo de máis de 50 alumnas do IES Alexandre Bóveda nunha nova xornada de Elas Fan CienTec.

 

 

Elas Fan CienTec é un programa de seminarios para alumnas de secundaria enmarcado dentro das actividades do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, co fin de dar a coñecer a ciencia que se está levando a cabo dentro da UVigo e achegar referentes femininos no campo da I+D.

 

O programa previsto para esta xornada é o seguinte:

 

9:30-10:00 horas: Benvida e distribución obradoiros. Aula de Grao

10:00 - 11:00 horas: Primeiro obradoiro. Termografía infravermella - Aula B / Deseño e prototipado - Aula G

11:00 - 11:30 horas: DESCANSO (intercambio do grupos)

11:30 - 12.30 horas: Segundo obradoiro. Deseño e prototipado - Aula G / Termografía infravermella - Aula B

12.30 - 13.30 horas: Terceiro obradoiro (conxunto). Open Lab en el Hall: Experiencias profesionais na aplicación de novas tecnoloxías. Realidade Aumentada, Tecnoloxía Láser, Automatización e Robótica.

13:30 horas: finalización.

 

Podes consultar máis información en Xornada Elas Fan CienTec

Xov
01
Feb
2024
11:00

1 de febreiro ás 11:00 horas no Salón de Actos da EEI-Sede Campus.

 

 
A Escola de Enxeñería Industrial da Universidade de Vigo, en colaboración coa Unión de Asociacións de Enxeñeiros Técnicos Industriais e Graduados en Enxeñería da rama industrial de España, presentan unha iniciativa que ten como obxectivo visibilizar a figura da muller enxeñeira e fomentar as disciplinas STEM entre as nenas a través dunha exposición itinerante.
 

A presentación terá lugar o día 1 de febreiro ás 11:00 horas no Salón de Actos da EEI-Sede Campus.
 

A exposición farase durante todo o mes de febreiro na Escola de Enxeñería Industrial (do 1 ao 14 na Sede Campus e do 15 ao 29 na Sede Cidade).
 
Destacar a importancia deste tipo de iniciativas para fomentar un talento que non entenda de xénero e eliminar así a brecha existente entre homes e mulleres no acceso a carreiras técnicas.