Bolsas Faro

FARO é un programa promovido e financiado polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte de España que ofrece a estudantes dos últimos anos da carreira a posibilidade de realizar prácticas formativas en empresas de Europa, Asia, EEUU, Canadá e Oceanía.

O programa estará vixente dende abril de 2015 ata o 31 de decembro de 2017. Concederanse 600 axudas durante dito periodo.

A dotación económica das axudas inclúe:

  • Unha cantidade mensual para aloxamento e manutención (variable segundo o país de destino)
  • Viaxe de ida e volta ao comezo e ao final da estancia
  • No seu caso, coste de xestión e tramitación do visado
  • Seguro de responsabilidade civil, accidentes, enfermidade e asistencia en viaxe

Requisitos:

  • Ser menor de 30 anos
  • Ser español ou extranxeiro con residencia legal en España
  • Estar matriculado nunha titulación universitaria e ter superados un mínimo do 70% dos créditos necesarios para obter o título ou estar realizando o Traballo fin de Grao