Estudantes estranxeiros

Oficina de Relacións Internacionais (ORI)

A Universidade de Vigo conta cunha Oficina de Relacións Internacionais (ORI) que centraliza, coordina e xestiona as actividades de cooperación internacional no seo da Universidade de Vigo.

Entre as súas actividades e con respecto aos estudantes estranxeiros, xestiona a aceptación dos que participan nun programa de intercambio, elabora a Guía do estudante estranxeiro e envía os paquetes informativos sobre a Universidade de Vigo, con información sobre os diferentes campus e cidades, recepción, visados, viaxe, busca de aloxamento, matrícula e posibilidades de estudos, en colaboración cos responsables de relacións internacionais.


Cursos de Idiomas

A Universidade de Vigo conta cun Centro de Linguas que organiza cursos de español para estranxeiros, dirixidos aos estudantes de intercambio e a todas as persoas interesadas en aprender español. A oferta inclúe tanto cursos cuadrimestrais, como cursos de verán de diferentes niveis.

A Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo tamén ofrece cursos de Lingua e cultura galegas para persoas estranxeiras de 40 horas de duración.