Prácticas de Campo e Saídas de Estudos

Solicitude

Os profesores deberán entregar no Negociado de Asuntos Xerais da EEI, dentro do prazo establecido, a seguinte documentación:

  • Formulario de solicitude de xestión das prácticas de campo e saídas de estudos no que constan os datos da actividade a realizar
  • Impreso de conformidade asinado polos coordinadores das materias afectadas. O profesor solicitante será o responsable de que non se causen prexuízos ao resto das materias
  • Previsión de gastos no caso de actividades de máis dun día de duración

 

Prazo

O prazo establecido para presentar as solicitudes de Prácticas de Campo e Saídas de Estudos para o 1º cuadrimestre do curso académico 2014/2015 remata o día 22 de setembro de 2014.

Documentos e enlaces