Enxeñería Térmica

termica

Información e contacto

Teléfono: (+ 34) 986 818 628
e-mail: posgraotecno@uvigo.es
http://www.uvigo.es/uvigo_es/titulacions/masters/enxenaria-termica/

 

O Mestrado en Enxeñería Térmica organizado pola Universidade de Vigo e a Universidade do País Vasco/Euskal Herriko Unibertsitatea pretende sela transformación ao Espazo Europeo de Educación Superior da formación correspondente ao Programa de Doctorado Interuniversitario en Enxeñería Térmica celebrado en anos anteriores. Posteriormente transformouse nun mestrado de investigación en Enxeñería Térmica e agora procédese á súa adecuación ao R.D. 2010.

O mestrado está orientado á formación de nivel superior de profesionais e investigadores de empresas, institucións e centros de investigación e innovación científico-técnica.

Obxectivos

Orientado ata as liñas principais da Enxeñería Térmica e Enerxética, a eficiencia enerxética, as enerxías renovables e a protección do medioambiente a través do coñecemento das tecnoloxías enerxéticas clásicas xunto aos novos avances que se están a producir no campo enerxético.

Perfil de los estudiantes

O perfil de acceso recomendado é o de alumnado que cursara estudos de grao dentro do ámbito da Enxeñería Industrial e da Enxeñería da Enerxía, que teña nivel suficiente de inglés e outros idiomas comúnmente utilizados na comunidade científica, que esté acostumbrado a traballar en equipo e que sexa dinámico e imaxinativo.

Considerarase como alumnado con perfil moi adecuado o que proveña dos seguintes graos: Enxeñería Mecánica, Enxeñería da Enerxía e Enxeñería en Tecnoloxías Industriais.