Mestrado en Xestión e Tecnoloxía de Estruturas e Instalacións

Secretaría do Mestrado

Unidade de Posgrao da EEI
Tel: ( 34) 986 812 212
sec_master_construccion@uvigo.es
http://www.uvigo.es/uvigo_es/titulacions/masters/enxenaria-construccion

 

O mestrado universitario en Xestión e Tecnoloxía de Estruturas e Instalacións é un título oficial de mestrado, cun plano de estudos verificado por parte do Consello de Universidades, previo informe positivo da Axencia Nacional de Avaliación da Calidade e Acreditación (ANECA). Dito plano de estudos pode consultarse no seguiente enlace.

O citado cambio de denominación recóllese na orde do 5 de setembro de 2014 (DOG nº 184 de data 26 de setembro de 2014).

O mestrado ten un carácter eminentemente práctico, estando todos os seus contidos orientados á realidade do sector da edificación e a construción.

Trátase duns estudos orientados á formación práctica que demandas as empresas do sector. O título que se obtén ó rematar os estudos é de Mestrado Universitario en Enxeñería da Construcción, coa especialidade correspondente.

Especialidades:

  • Estructuras
  • Instalacións

A titulación obtida non habilita para o desempeño da profesión regulada.