Mestrado en Enerxía e Sustentabilidade

Secretaría do Mestrado

Unidade de Posgrao da EEI
Tel: (+34) 986 812 212
e-mail: pop_enerxia_sustentabilidade@uvigo.es
http://www.uvigo.es/uvigo_gl/titulacions/masters/enerxia-sustentabilidade/index.html

 


O programa de ENERXÍA e SUSTENTABILIDADE é un programa interdisciplinario, con base teórica e metodolóxica nos ensinos técnicos, que ten como obxectivo a formación académica e/ou profesional do alumnado como especialistas en enerxía sustentable na industria. 

O concepto de crecemento sustentable obriga a compatibilizar o desenvolvemento da economía coa calidade ambiental, facéndonos plenamente conscientes de que cando producimos xeramos residuos e efectos ambientais adversos, ademais de bens e servizos. Facer o desenvolvemento sustentable implica desenvolver e aplicar novas tecnoloxías menos intensivas en recursos, novos materiais, novas fontes enerxéticas, reciclaxe, etc.

O Sector Enerxético é un dos máis intimamente relacionados coa problemática asociada ao desenvolvemento sustentable: o crecemento económico, o consumo enerxético e o impacto ambiental están intimamente relacionados. É pois, imprescindible lograr o equilibrio entre tres aspectos: como crecer máis, con menor consumo enerxético e como se pode producir, transformar e consumir enerxía minimizando o impacto ambiental.

Dada a enorme importancia do sector enerxético no desenvolvemento económico, as medidas a aplicar no campo da enerxía deben ser compatibles cos tres principios fundamentais: competitividade, seguridade de abastecemento e protección ambiental, buscando un crecemento sustentable.

Para lograr este propósito é necesario formar técnicos que dominen simultaneamente as tecnoloxías e centrais enerxéticas clásicas, xunto coas novas enerxías renovables, as políticas e medios de eficiencia e aforro enerxético, a lexislación mediombiental e a economía da enerxía, que constitúen os Obxectivos Xerais deste mestrado.