Información Xeral e Matrícula

A estructura dos Mestrados garante que o alumno poida obter o título tras cursar 60 créditos ECTS.

A súa distribución dependerá do plano de estudos de cada mestrado.

 

Tipos de matrícula


Matrícula ordinaria a tempo completo:

Nesta modalidade poderánse matricular todos aqueles que cumpran os requisitos de admisión e poden facelo, tanto a tempo completo (entre 48 e 60 ECTS) ou a tempo parcial (cun mínimo de 24 ECTS) si a comisión académica do mestrado así o establece.


Prazas ofertadas

 

Preinscripción e Matrícula

O proceso de preinscripción e matrícula de todos os estudos pertencentes á Universidade de Vigo realízanse vía telemática na aplicación xeral da Universidade (http://matricula.uvigo.es).

Para máis información sobre o procedemento de matrícula, prazos, prezos,... consulta a convocatoria de matrícula da Universidade de Vigo.

 

Máis información

Se tes algunha dúbida sobre o procedemento de preinscripción e matrícula contacta coa Área Académica da EEI.

Se necesitas máis información sobre os contidos, requisitos de admisión, horarios, profesorado, etc, contacta coa Unidade de Posgrao da EEI ou coa secretaria do mestrado.