Outros titulados

Neste grupo atópanse os titulados en Graos similares aos Graos impartidos na Escola de Enxeñería Industrial cursados noutros centros, e outros solicitantes con títulos relacionados, doutras ramas da enxeñería cursados noutros centros, cos complementos de formación que procedan en cada caso. 

Para establecer os complementos de formación aos alumnos deste grupo, terase en conta a titulación de procedencia e compararase o expediente académico coa formación incluída no Grao en Enxeñería en Organización Industrial da EEI.

Os complementos formativos non formarán parte do Mestrado en Enxeñería de Organización.