Mestrado en Enxeñería de Organización

90 Créditos
1,5 Cursos
25 Plazas

 

O mestrado en Enxeñería de Organización consta de 90 ECTS dos cales, 60 créditos son de carácter obrigatorio, 18 créditos de complementos formativos e a os que se lle engaden 12 créditos do Traballo Fin de Mestrado.

 

Perfil de acceso:

As solicitudes de admisión clasificaranse en catro grupos:

  • Grupo 1: Titulados do Grao en Enxeñería en Organización Industrial da EEI
  • Grupo 2: Titulados noutros Graos da EEI
  • Grupo 3: Titulados en graos similares a os dos grupos 1 e 2 cursados noutros centros, cos complementos de formación que procedan en cada caso
  • Grupo 4: Solicitantes con títulos relacionados, de outras ramas da enxeñería, cos complementos de formación que procedan en cada caso.

Dentro de cada un dos grupos, os alumnos ordenaranse acorde coa fórmula seguinte:

[nota media expediente alumno/nota media do seu grao] 

 

Requisitos de acceso:

  • Todos os alumnos deberán acreditar un nivel de inglés B1 ou equivalente para ser admitidos no Mestrado.