Outros titulados

Neste grupo atópanse os outros titulados de Graos con perfís tales que a Orde CIN/311/2009 lles permita o acceso ao mestrado, cos complementos de formación que procedan en cada caso.

Complementos de Formación

Para establecer os complementos de formación aos alumnos deste grupo, terase en conta a titulación de procedencia e compararase o expediente académico coa formación incluída no Grao en Enxeñería en Tecnoloxías Industriais da Escola de Enxeñería Industrial da Universidade de Vigo.

Os complementos de formación non formarán parte do Mestrado en Enxeñería Industrial e estarán constituídos por materias impartidas nalgún dos Graos da EEI.

A Comisión Permanente da EEI estableceu os complementos de formación das seguintes titulacións:

Dibujito rojoGrao en Enxeñería da Enerxía da Universidade de Vigo

Dibujito rojo Grao en Enxeñería Eléctrica da Universidade de A Coruña

Dibujito rojoGrao en Enxeñería en Tecnoloxías Industriais da Universidade de A Coruña

Dibujito rojoGrao en Enxeñería Electrónica Industrial e Automática da Universidade de Burgos

Para outras titulacións que non figuren nesta listaxe a Comisión Permanente establecerá os correspondentes complementos de formación.