Información Xeral

A estrutura do Grao garante que o alumno poida obter o título tras cursar 240 créditos ECTS distribuídos, en canto ao tipo de materia, do seguinte xeito:

  • Formación básica: 60 créditos
  • Materias comúns na rama industrial: 132 créditos
  • Materias obrigatorias da intensificación e optativas: 36 créditos
  • Traballo Fin de Grao: 12 créditos

 

Incorporación de estudantes


Alumnos que superaron a proba de acceso á Universidade

A admisión (preinscrición) polo proceso convocado pola Comisión interuniversitaria de Galicia farase a través dos procedementos telemáticos establecidos (http://ciug.cesga.es). Para poder formalizar a matrícula en primeiro curso por primeira vez hai que ter concedida previamente a admisión.

Outros alumnos

O resto das admisións (por recoñecemento de ECTS, cursos ponte, adaptación dunha titulación oficial en proceso de extinción ao grao) farase segundo o procedemento indicado para cada caso na norma segunda da convocatoria de matrícula da Universidade de Vigo.

A admisión por recoñecemento de créditos está restrinxida únicamente para os alumnos da EEI que queiran facer un cambio de titulación.


Prazas ofertadas para o curso 2016/2017

 

Matrícula

O proceso de matrícula de todos os estudos pertencentes á Universidade de Vigo realízase vía telemática na aplicación xeral da Universidade (www.uvigo.es)

Para máis información sobre o procedemento de matrícula, prazos, prezos,... consulta a convocatoria de matrícula da Universidade de Vigo.

Se tes algunha dúbida contacta coa Área Académica da EEI.

 

Curso Cero

Trátase dun curso virtual de libre acceso deseñado para que autoevalúes os teus coñecementos e así podas repasar aqueles contidos nos que te atopes máis floxo. Recomendámosche que realices este curso para empezar con bo pe os teus estudos en Enxeñería Industrial.