Investigacion en Tecnoloxías e Procesos Avanzados na Industria

mitpaInformación e contacto

Teléfono: (+ 34) 986 818 628
e-mail: posgraotecno@uvigo.es
http://www.eei.uvigo.es/mitpa
 

 

 

 

A finalidade do presente Programa de Doutoramento en Investigación en tecnoloxías e procesos avanzados na industria pola Universidade de Vigo, é a adquisición polo estudante dunha formación avanzada, de carácter multidisciplinar, orientada a promover a iniciación en tarefas investigadoras no campo das novas tecnoloxías e procesos industriais. Por tanto, ten como obxectivo primordial a formación de profesionais competentes en investigación en tecnoloxías avanzadas e novos procesos industriais.

O Programa de Doutoramento en Investigación en Tecnoloxías e Procesos Avanzados na Industria foi distinguido coa Mención cara á Excelencia do Ministerio de Educación.