Procedemento de Recoñecemento de créditos

Recoñecemento de Créditos

Os alumnos poderán solicitar o recoñecemento de créditos mediante os formularios que están á súa disposición na Área Académica da EEI.

 

Informe de recoñecemento de créditos

1) Recibida unha solicitude de recoñecemento de créditos por parte dun alumno nun dos Negociados de Alumnos da EEI, a Área Académica da EEI correspondente solicitaralle aos coordinadores das materias da EEI obxecto da solicitude un informe de recoñecemento de créditos. Para iso enviará a seguinte documentación a cada coordinador:

a. Formulario do informe de recoñecemento de acordo co anexo.

b. Programas ou guías docentes aportados polo alumno de aquelas materias superadas polas que solicita o recoñecemento.

2) O coordinador deberá emitir nun prazo de dez días o informe de recoñecemento da materia. O informe deberá ser razoado no caso de que a recomendación de recoñecemento sexa desfavorable e o coordinador deberá anexar unha xustificación detallada dos motivos da recomendación desfavorable.

3) O formulario deberá ser asinado polo coordinador da materia, sen prexuízo de que outros profesores encargados da docencia da materia asinen tamén o informe.

 

Recoñecemento de créditos nas titulacións a extinguir da EEI

En aplicación da Normativa de transferencia e recoñecemento de créditos no Grao da Universidade de Vigo, para o recoñecemento de materias das titulacións a extinguir da EEI, o centro estableceu unhas táboas de equivalencias entre estas materias e as materias das titulacións de Grao da EEI.

A simulación de recoñecemento mediante estas táboas está accesible na Secretaría Virtual do alumno.

 

Recoñecemento de créditos nas titulacións a extinguir da EEI

En aplicación da Normativa de transferencia e recoñecemento de créditos no Grao da Universidade de Vigo, para o recoñecemento de materias entre diferentes Graos da EEI, o centro estableceu unhas táboas de equivalencias entre as materias dos diferentes Graos da EEI.

Estas táboas de recoñecementos estás disponibles na Área Académica da EEI.

 

Recoñecemento de Créditos nos Cursos Ponte

Unha vez formalizada a matrícula, poderá ser obxecto de recoñecemento, ata un máximo de 18 ECTS por experiencia profesional e laboral adquirida con carácter previo aos estudos oficiais correspondentes que deberá ser ampla e estar relacionada coas competencias inherentes ao título oficial. Terase en conta a adecuación da actividade laboral e profesional realizada á capacitación profesional do título. Non se considerará experiencia profesional a que non estea relacionada coas competencias inherentes ao título e non sexa debidamente acreditada pola Tesourería Xeral da Seguridade Social. Non se computará por ningún crédito se é inferior a 5 anos.

O recoñecemento destes créditos efectuarase en materias que non se deberán cursar e non incorporará cualificación dos mesmos polo que non computará a efectos de nota media.

O Traballo fin de grao nunca será obxecto de recoñecemento.

As materias que poden ser obxecto de recoñecemento, ata o máximo arriba indicado, varían en función do plan de estudos cursado.

 

Recoñecemento das Prácticas Extracurriculares

Segundo establece o artigo 8 do Regulamento de Prácticas en Empresa da EEI:

  1. Soamente poderán solicitar o recoñecemento de prácticas extracurriculares os alumnos que no momento de realizar ditas prácticas estivesen matriculados na titulación de grao para a que se solicita o recoñecemento de créditos.
  2. O alumno que teña a intención de solicitar o recoñecemento das prácticas extracurriculares cando estas conclúan, deberá poñer en coñecemento do coordinador de prácticas da EEI dita intención, dentro dos tres días hábiles posteriores á asignación das prácticas. No caso de non producirse dita manifestación de intencións, entenderase que o alumno renuncia a solicitar dito recoñecemento.
  3. Os alumnos que realicen prácticas extracurriculares e desexen o seu recoñecemento pola materia Prácticas en Empresa, deben cumprir os seguintes requisitos:
    1. Ter aprobados todos os créditos do primeiro e segundo curso e, polo menos, o 50 % dos créditos do terceiro curso da titulación en que estean matriculados o día en que comecen as prácticas extracurriculares.
    2. Que a asignación da práctica externa extracurricular fose realizada pola FUVI en coordinación coa EEI.
    3. Que o número de horas das prácticas fose superior a 180 para cubrir o número de créditos ECTS da materia de Prácticas en Empresa.
    4. Que o Proxecto Docente da práctica extracurricular se corresponda cos obxectivos e competencias da materia Prácticas en Empresa da súa titulación de Grao.
    5. Que o alumno entregase unha memoria final de prácticas en empresa, cumprindo as especificacións do punto 12 do artigo 7 deste regulamento, e que o alumno tivese mantido un contacto periódico co seu titor, tal como se especifica no punto 11 do mesmo artigo.
  4. Os alumnos disporán de sete días hábiles dende a data de finalización das prácticas extracurriculares para solicitar, por medio da Secretaría de Alumnos da EEI, o recoñecemento de ditas prácticas á Comisión Permanente da EEI.
  5. Non será obxecto de recoñecemento pola materia de Prácticas en Empresa a estadía realizada nas instalacións dunha empresa con motivo do desenvolvemento do Traballo de Fin de Grao.