Procedemento de Solicitude de Prácticas de Campo e Saídas de Estudos

Procedemento

1. O profesor solicitante da actividade deberá entregar no Negociado de Asuntos Xerais da Escola de Enxeñería Industrial (EEI) en calquera das dúas sedes, a seguinte documentación dentro do prazo establecido polo centro:

a. Formulario de solicitude de xestión das prácticas de campo e saídas de estudos no que constan os datos da actividade a realizar.
b. Formulario F001 no que os profesores afectados pola actividade informan de que a actividade non afecta substancialmente ó desenvolvemento da súa materia, xunto con unha previsión de gastos no caso de actividades de máis dun día de duración.

2. A priorización das solicitudes serán aprobadas nunha reunión da Comisión Permanente da Escola de Enxeñería Industrial.
3. A dirección da EEI remitirá á Xerencia:

a. Os impresos do punto 1a.
b. O calendario de prácticas de campo e saídas de estudios priorizadas.

4. A dirección da EEI remitirá unha copia da solicitudes do punto 1a ós profesores solicitantes.

Aprobación e modificacións

1. Procedemento aprobado pola Comisión Permanente da EEI.