Réxime de Permanencia a Tempo Parcial e Matrícula Aumentada

Réxime de Permanencia a Tempo Parcial

O réxime de estudante a tempo parcial supón unha matrícula por curso dun mímino de 24 e menos 48 créditos.

Na EEI aprobararanse con carácter xeral, as solicitudes de matrícula no réxime de permanencia a tempo parcial nas titulacións de grao da EEI nos seguintes casos:

  • Traballador en activo, acreditado mediante un contrato laboral (acompañado de Informe de Vida Laboral recente) que cubra máis dun terzo do período lectivo
  • Persoas con un familiar con un parentesco de primeiro grao cunha dependencia de grao II (dependencia severa) ou superior segundo a Lei 39/2006, de 14 de decembro, de Promoción da Autonomía Persoal e Atención ás Persoas en situación de Dependencia, acreditada mediante a resolución expedida pola Administración Autonómica correspondente
  • Deportistas de alto nivel e alto rendemento segundo a Lei 10/1990, de 15 de outubro, do Deporte, acreditados mediante a correspondente relación publicada anualmente polo consello Superior de Deportes no Boletín Oficial do Estado

Os demáis casos serán estudados de forma individualizada pola Comisión Permanente da Escola de Enxeñería Industrial.

(Criterios aprobados pola Comisión Permanente o 8 de novembro de 2012)

 

Matrícula Aumentada

De xeito excepcional, co visto e prace das persoas responsables da titulación, permitirase a matrícula aumentada ata 75 créditos ao alumnado en réxime de tempo completo, e ata 54 créditos ao alumnado a tempo parcial.

Na EEI aceptaránse única e exclusivamente, as solicitudes de matrícula aumentada daqueles alumnos que se matriculen en tódalas materias pendentes de tódolos cursos inferiores ao curso máis alto no que estean matriculados.

Por exemplo, para que a un alumno que se matricula en materias do terceiro curso se lle acepte a matrícula aumentada debe matricularse obrigatoriamente tamén en tódalas materias pendentes do primeiro e do segundo curso.

(Criterios, aprobados pola Comisión Permanente o 27 de setembro de 2013)