Acordos de Software

DreamSparkMicrosoft Imagine (antes chamado DreamSpark) é un sistema de suscrición anual especialmente deseñado para os departamentos universitarios que imparten tecnoloxía e deseño, e que desexan utilizar os produtos Microsoft para as súas actividades docentes e aprendizaxe. Para beneficiarse deste programa hai que impartir docencia ou ser alumno da EEI. Consulta o catálogo de software dispoñible aquí.

 

ansysANSYS é un software de simulación de alto nivel que aporta claridade e coñecementos para os problemas de deseño máis complexo a través dunha simulación de enxeñería rápida, exacta e fiable. A súa tecnoloxía permite aos usuarios predicir con seguridade o comportamento dos produtos no mundo real.

 

autodeskAutodesk é o líder mundial en software de deseño 3D para entretemento, recursos naturais, fabricación, enxeñería, construción e infraestruturas civís.

 

 solidworksSolidWorks é un software de deseño asistido por ordenador para modelado mecánico en 3D. O programa permite modelar pezas e conxuntos e extraer deles tanto planos técnicos como outro tipo de información necesaria para a produción.

 

catiaCATIA é un programa informático de deseño, fabricación e enxeñería asistida por ordenador. O programa está desenvolvido para proporcionar apoio dende a concepción do deseño ata a produción e a análise de produtos.

 

delmiaDELMIA é unha solución de software que permite deseñar e realizar probas nun entorno de produción simulado. Unha vez rematado o proceso, pódese planificar, producir e xestionar de forma eficiente todos os recursos, dende o persoal e a produción ata a entrega ao cliente.


siemens

Siemens NX é unha solución integrada para o deseño de produtos que optimiza e axiliza o proceso de desenvolvemento de produtos para os enxeñeiros que necesitan ofrecer produtos innovadores en entornas de colaboración.

 


ces edupackCES EduPack apoia e mellora a ensinanza sobre materiais, enxeñería, deseño e sustentabilidade. Proporciona unha ampla base de datos con información sobre materiais e os seus procesos de transformación, acompañada de potentes ferramentas de software para ver e aplicar esta información, e completada cunha gran cantidade de recursos.

 


simwiseSimWise 4D é un programa de simulación de movemento e análise estrutural que pode obter a xeometría dende moitos sistemas de deseño. É unha aplicación que apoia o deseño para reducir fallos e minimizar custos.

 

 

samSAM é un paquete interactivo de software para o deseño, análise (movemento e forza) e optimización de mecanismos. Os mecanismos poden xerarse ben a través dos asistentes de deseño ou a partir dos compoñentes básicos existentes. SAM integra análise numérica de pre-procesamento e pos-procesamento, como animación e diagramas x-y.

 

aspenoneAspenONE é a aplicación líder no mercado que permite optimizar os procesos de enxeñería. Contén ferramentas para a simulación, deseño, monitoreo, optimización e planificación financeira de plantas químicas, petroquímicas, metalúrxicas e outras industrias, accesibles dende unha interface gráfica fácil de empregar.

 

cype

Cype é un conxunto de software técnico para os profesionais de arquitectura, enxeñería e construción. Foi concibido para realizar o deseño, cálculo e dimensionado de estruturas de formigón armado e metálicas para edificación e obra civil, sometidas a accións horizontais, verticais e a acción do fogo.

 

matlabMATLAB é un entorno interactivo que permite explorar e visualizar ideas, así como colaborar interdisciplinarmente en procesamento de sinais e imaxe, comunicacións, sistemas de control e finanzas computacionais.

Simulink é un entorno de diagramas de bloque para a simulación multidominio e o deseño baseado en modelos. Admite o deseño e a simulación a nivel de sistema, a xeración automática de código e a proba e verificación continuas dos sistemas embebidos.

 

labviewLABVIEW é unha plataforma e entorno de desenvolvemento para deseñar sistemas, cunha linguaxe de programación visual gráfica. Está recomendado para sistemas de hardware e software de probas, control e deseño, simulado ou real e embebido, posto que acelera a produtividade. 

 

multisimNI Multisim é un entorno de simulación SPICE estándar na industria. É o principio básico da solución para a ensinanza de circuítos para construír experiencia a través da aplicación práctica do deseño, xeración de prototipos e probas de circuítos eléctricos. O enfoque de deseño de Multisim axuda a reducir as iteracións de prototipos e a optimizar os deseños de tarxetas de circuíto impreso (PCB) ao inicio do proceso.

 

eesEngineering Equation Solver (EES) é un paquete de software comercial utilizado para a solución de sistemas de ecuacións non lineais simultáneas. Proporciona moitas funcións para a solución de ecuacións de termodinámica e problemas de transferencia de calor, polo que é moi utilizado polos enxeñeiros mecánicos que traballan neste eido.

 

robotstudio

RobotStudio é un software de simulación e programación de ABB que permite efectuar a programación de robots fora de liña maximizando a rendibilidade de inversión dos sistemas de robots.

 

MSC adamsMSC Adams é a denominación comercial dun software que axuda aos enxeñeiros a estudar a dinámica de pezas móbiles e como as forzas se distribúen a o longo dos sistemas mecánicos. Componse de varios módulos que permiten realizar simulacións por medio de animacións, análises de vibracións, esforzos, etc.

 

cimatronO entorno de Cimatron CAD/CAM contén un conxunto de ferramentas de deseño 3D que permite ao usuario manipular arquivos ou deseñar pezas. Cimatron proporciona ferramentas integradas que permiten realizar a separación da xeometría da peza, atopar ou realizar cambios de enxeñería ou detallar elementos do molde ou eléctrodos.

 

turnitinTurnitin permite revisar os traballos dos estudantes e detectar citas incorrectas ou posibles plaxios. Esta ferramenta compara os traballos dos estudantes cunha gran base de datos que inclúe páxinas web, libros, artigos en prensa e revistas.