Laboratorios

Unha das características das titulacións do ámbito da enxeñería industrial é o seu carácter experimental. Isto fai que o papel das infraestruturas sexa de gran importancia no desenvolvemento das actividades, especialmente nas prácticas de laboratorio.

Neste sentido, durante os últimos anos, a EEI realizou grandes inversións nas dotacións dos seus laboratorios, tanto da área científica como tecnolóxica, dispondo dun equipamento moderno acorde coas esixencias actuais.

Unha parte moi importante do valor engadido que reciben os estudantes da EEI é, sen dúbida, a toma de contacto que teñen con aqueles equipos e instrumentación cos que van a traballar durante a súa vida laboral.

laboratorio1 laboratorio2

 

Información detallada sobre os laboratorios docentes

Dibujito azulSede Campus

Dibujito azulSede Cidade