A Escola

A Escola de Enxeñería Industrial da Universidade de Vigo, xorde da integración nun único centro da Escola Técnica Superior de Enxeñeiros Industriais (ETSII) e a Escola Universitaria de Enxeñería Técnica Industrial (EUITI), dedicadas ás ensinanzas universitarias no ámbito da enxeñería industrial.

Como centro docente encárgase da xestión administrativa e a organización das ensinanzas universitarias conducentes á obtención dos títulos académicos de:

 

Na actualidade o conxunto de ambos os dous centros aglutina aproximadamente 4.000 alumnos matriculados e 350 profesores, de 15 departamentos, xestionando 3 edificios e case 60.000 m2 de superficie construída; repartidos en dúas sedes:

  • Sede Cidade, que integra os edificios e instalacións da antiga EUETI; está situada na Rúa Conde de Torrecedeira da cidade de Vigo.
  • Sede Campus, que comprende os edificios e instalacións da antiga ETSEI; está situada no Campus Universitario de Lagoas-Marcosende.