I Competición de Robots

cabecera robots

A Escola de Enxeñería Industrial (EEI) da Universidade de Vigo convoca a I edición da Competición de Robots en colaboración coa Rama de Estudantes do IEEE (Institute of Electrical and Electronics Engineers) da Universidad de Vigo.

O obxectivo fundamental deste concurso é amosar a universidade ós alumnos das Ensinanzas Secundarias e Bacharelato ademáis de promocionar as titulacións da EEI e fomentar o interés dos alumnos polos estudos de Enxeñería.

No concurso, establécense dúas categorías:

CATEGORÍA WALL-E:

Nesta categoría poderán participar os alumnos matriculados durante o curso 2014/2015 na Ensinanza Secundaria Obrigatoria e Bacharelato.

Dunha maneira simple e divertida, partindo dun kit básico que lle proporciona a organización, os alumnos poderán familiarizarse co mundo da robótica participando na montaxe e programación dun robot móvil que lles permita realizar as seguintes probas:

  • Rastreo (proba individual)
  • Persecución en pista (proba colectiva)

Inscrición:

Os equipos participantes terán un máximo de 5 compoñentes e serán coordinados por un profesor titor. Cada equipo deberá inscribirse cubrindo o fomulario de inscripción. 

A cuota de inscripción nesta categoría é de 30 Euros, que os equipos deberán ingresar na seguinte conta:

Titular da conta: FEUGA
CIF: G15051667
IBAN: ES68 2080 5000 6530 4017 8749

Unha vez inscritos, os equipos recibirán no seu centro o kit básico de robótica que inclúe todo o necesario para que se podan desenvolver no concurso. Este kit pasará a ser propiedade do centro educativo unha vez rematado o concurso.   

CATEGORÍA R2D2

Poderán participar os alumnos matriculados durante o curso 2014/2015 en titulacións superiores, entendendo como tales, as Ensinanzas de Formación Profesional e as Titulacións Universitarias.

Os equipos participantes crearán un robot que sexa capaz de realizar as probas que detallan nas bases do concusro. 

Inscrición:

Os equipos participantes tendrán un máximo de 3 componentes, aínda que poden presentarse equipos formados por un único membro.

A cuota de inscrición nesta categoría é gratuita. Os alumnos da Universidade de Vigo que queiran solicitar material poden poñerse en contacto coa Rama de Estudiantes IEEE da Universidade de Vigo no seguinte correo electrónico: ieee.uvigo@gmail.com