Titores das Prácticas Extracurriculares

A Coordinadora de prácticas da EEI asginará os titores académicos nas prácticas extracurriculares realizadas polo estudantado da EEI nas seguintes titulacións:

  • Enxeñería Técnica Industrial
  • Enxeñería Industrial
  • Nas titulacións de Grao
  • Mestrado en Enxeñería Industrial
  • Outras titulacións xestionadas pola Comisión Permanente do centro

No resto das titulacións da EEI, a responsabilidade do nomeamento de titores académicos delégase no coordinador da titulación.

 

Funcións dos Titores de Prácticas

  • Velar polo normal desenvolvemento do proxecto formativo
  • Facer un seguimento efectivo das prácticas coordinándose co titor da empresa ou entidade
  • Autorizar as modificacións que se produzan no proxecto formativo
  • Levar a cabo o proceso avaliador das prácticas do estudante tutelado
  • Gardar confidencialidade en relación con calquera información que coñeza como consecuencia da súa actividade como titor
  • Informar ó coordinador de prácticas do centro das posibles incidencias