Seguros de accidentes

Para a cobertura das posibles continxencias que puidesen xurdir no desenvolvemento das prácticas académicas externas, os alumnos da Universidade están cubertos baixo varios seguros:

Seguro escolar

Segundo a Resolución da Dirección Xeral de Ordenación da Seguridade Social, do 25 de marzo de 1999, as prácticas en empresas que realicen  ó amparo do Real decreto 1707/2011, do 18 de novembro, están cubertas polo seguro escolar, sempre que o alumnado estea matriculado e ao corrente do pago do citado seguro.

Riscos cubertos

Este seguro cubre os seguintes riscos:

  • accidente escolar
  • enfermidade
  • infortunio familiar

Máis información sobre o seguro escolar...

 

Seguro de accidentes "Cum Laude"

Ademais, a Universidade de Vigo ten subscrito un seguro de accidentes complementario ao escolar, de balde para todos os alumnos matriculados nela.

Riscos cubertos

Este seguro cubre accidentes, entendendo como accidentes a lesión corporal derivada dunha causa violenta, súbita, externa e allea á intencionalidade do asegurado.

Consultar a cobertura do seguro en casos excepcionais. Algúns exemplos:

  • Estudantes embarcados durante a realización da práctica
  • Estudantes realizando prácticas fóra do centro de traballo (clientes dunha consultaría)
  • Estudantes que viaxen ao estranxeiro para recibir formación
  • Alumnos/as estranxeiros

Máis información sobre o seguro "cum Laude"...

 

Seguro de Responsabilidade Civil

A Universidade de Vigo ten subscrito un seguro de responsabilidade civil que garante a responsabilidade civil do asegurado derivada dos danos que os alumnos poidan causar a terceiras persoas alleas ó centro, incluso en estancias en prácticas relacionadas co programa educativo que corresponda coa súa titulación, sempre que as mesmas se produzan baixo supervisión dun titor.