Coordinación das Prácticas Externas
Begoña Urgal González
Coordinadora de Prácticas en Empresas
enderezo electrónico: eei.empresas@uvigo.es
Horario de atención ao alumno durante o 1º Cuadrimestre:
Sede Campus: Venres de 09:00 a 11:00 horas (Despacho 18 da Área de Organización de Empresas)
Sede Cidade: Venres de 12:00 a 14:00 horas (Despacho Subdirección Entorno)
Horario de atención ao alumno durante o 2º Cuadrimestre:
Sede Campus: Xoves de 13:00 a 15:00 horas (Despacho 18 da Área de Organización de Empresas)
Sede Cidade: Venres de 13:00 a 15:00 horas (Despacho Subdirección Entorno)
A Dirección do centro nomeou, entre o profesorado con docencia no centro, unha coordinadora de prácticas en empresa.
A coordinadora de prácticas da EEI encargarase de coordinar as prácticas académicas curriculares das titulacións de Grao e as do Mestrado en Enxeñería Industrial, así como das outras titulacións da EEI que sexan xestionadas directamente pola Comisión Permanente da EEI.
As funcións de Coordinador de Prácticas para o resto de titulacións do centro, deléganse nos Coordinadores das Titulacións.
Funcións do Coordinador:
As funcións básicas do coordinador de prácticas da EEI serán as que se recollen a continuación:
- Encargarase, xunto cons titores académicos, de contactar coas empresas/entidades para que os seus e as súas estudantes realicen prácticas externas curriculares. Así mesmo, contarán coa colaboración da Área de Emprego da Universidade de Vigo nos procesos de procura.
- Xestionar convenios de cooperación educativa.
- Coordinar a xestión da práctica.
- Coordinación coa Fundación Universidade de Vigo (FUVI) para o nomeamento de titores académicos para a realización de prácticas extracurriculares
- Informar á Vicerreitoría correspondente das posibles incidencias xurdidas.
- Remitir a documentación administrativa para a súa custodia no centro ou órgano que corresponda.
- Informar á Área de Emprego das prácticas curriculares xestionadas polo centro.