Titores das Prácticas Curriculares

Os titores encargaranse de realizar o acompañamento ó longo das súas prácticas, especialmente no desenvolvemento do proxecto formativo. O estudante contará cunha persoa titora na entidade colaboradora e cunha persoa titora académica na Universidade . Non poderán coincidir na mesma persoa ambas funcións.

 

Titores nas entidades Colaboradoras

O titor da empresa ou entidade colaboradora deberá ser unha persoa vinculada á mesma e debe ter experiencia profesional na área que o estudante vaia desenvolver a dúa actividade.

 

Funcións dos Titores de Empresa

  • Supervisar as actividades realizadas nas prácticas
  • Orientar ó estudante na empresa ou entidade
  • Controlar o desenvolvemento da práctica
  • Esta en contacto co Titor Académico
  • Remitir o informe final de prácticas

 

Titores Académicos

Os titores Académicos serán profesores que impartan docencia na Titulación cursada polo alumno e serán:

Nos Títulos de Grao:

Os titores das Prácticas Curriculares para os títulos de Grao correspóndense co coordinador do Grao que se está a cursar:

Grao Titor
 Enxeñería Eléctrica   Antonio Fernández Otero
 Enxeñería en Electrónica Industrial e Automática   Celso Fernández Silva
 Enxeñería Mecánica

  Jaime Sieres Atienza

  Fernando Cerdeira Pérez

 Enxeñería en Organización Industrial

  Juan E. Pardo Froján

  Jesús García Arca

 Enxeñería en Química Industrial   Mª Gloria Fiestras Janeiro
 Enxeñería en Tecnoloxías Industriais

  Begoña Urgal González

  José Benito Bouza Rguez.

 

Titores nos Títulos de Mestrado

Os titores das Prácticas Curriculares nas Titulacións de Mestrado serán profesores do propio mestrado asignados polo Coordinador do mestrado.

 

Funcións dos Titores de Prácticas

  • Velar polo normal desenvolvemento do proxecto formativo, garantindo a compatibilidade do horario de realización das prácticas coas obrigacións académicas, formativas e de representación e participación do estudante
  • Facer un seguimento efectivo das prácticas coordinándose co titor da empresa ou entidade
  • Autorizar as modificacións que se produzan no proxecto formativo.
  • Levar a cabo o proceso avaliador das prácticas do estudante tutelado
  • Gardar confidencialidade en relación con calquera información que coñeza como consecuencia da súa actividade como titor
  • Informar ó coordinador de prácticas do centro das posibles incidencias