Programa "Acompaña"

programa mentorización

Como parte do Programa de Competencias Transversais organizado para estudantes do Mestrado en Enxeñería Industrial, convídase os alumnos do Máster para participar nas xornadas que terán lugar os días 9,11 e 12 de abril.

Trátase dun conxunto de actividades formativas que servirán para a posta en marcha dunha experiencia de Mentorización, no curso 2018-2019, entre os alumnos do Máster de 2º curso do Máter en Enxeñería Industrial e alumnos de 2º curso de todos os graos .

Convidámosvos a participar nesta experiencia asistindo á semana de formación con estes temas (3 tardes, de 16 a 18 horas en aula 11):

Luns 9 de abril: Introdución á mentorización e ao liderado.
Mércores 11 de abril: Comunicación e colaboración.
Xoves 12 de abril: Negociación e xestión do cambio.

Para calquera dúbida ou aclaración dirixirse a: mejias@uvigo.es