Seminario de modelado e programación de sistemas con Simulink

simulink

Dentro do convenio que a Universidade de Vigo ten subscrito con MathWorks, celebrarase un seminario de modelado e programación de sistemas son Simulink no que se analizarán as capacidades de Simulink e Stateflow para o modelado e a simulación de sistemas, falarase sobre modelado físico multidominio con Simscape e verase como realizar a xeración automática de código en distintas linguaxes. Tamén se amosarán exemplos en C++ e linguaxe estruturado e se programarán distintos dispositivos electrónicos, dende robótica educativa (LEGO, Arduino, Raspberrry Pi) ata DSPs, PLCs e un exemplo de hardware-in-the-loop cun equipo de tempo real Speedgoat.

Este seminario é completamente gratuíto e celebrarase no Salón de Actos da Escola de Enxeñería Industrial, sede Campus, de 11:00 a 13:00. Poderán asistir, previa inscrición:

  • Profesores interesados en facer prácticas de laboratorio con dispositivos electrónicos con MATLAB e Simulink
  • Investigadores interesados en simulación e modelado mecánico, hidráulico, eléctrico ou multidominio
  • Profesionais do control ou a electrónica
  • Alumnos de enxeñería

O Seminario será impartido por Carlos Sanchis, mestrado en enxeñería industrial especializado en electrónica e mestrado en xestión de proxectos. Traballou en modelado, I+D, electrónica e programación en Iberdrola, Hewlett-Packard, na Universidade Politécnica de Valencia e DevStat Statistical Consulting. Como Responsable Técnico Académico en MathWorks, traballa con académicos en España e Portugal apoiando proxectos de innovación docente e investigación con MATLAB e Simulink.