Seminario sobre patentes e propiedade industrial

xornada patentes

Dentro das actividades formativas do programa de doutoramento en investigación en tecnoloxías e procesos avanzados na industria, o vindeiro xoves 16 de novembro ás 11.30 horas na Sala de Xuntas da Escola de Enxeñería Industrial, Sede Campus, terá lugar un seminario sobre patentes e propiedade industrial a cargo dos axentes europeos de patentes D. Fernando Prieto e D. Manuel Quintero.

A asistencia é gratuíta ata completar aforo.