Eleccións a Delegados de Grupo

delegados de grupo

Os días  25 e 26 de outubro está previsto realizar as eleccións a delegados de grupo tanto na Sede Campus como na Sede Cidade da EEI. 

Para non interromper a docencia, as votacións faranse no intervalo de dez minutos ao final de cada clase, intervalo que normalmente está reservado para o cambio de clase.

Consulta o calendario detallado das horas, aulas e materias afectadas e o modelo de acta coas instruccións, das que haberá copia na mesa do profesor durante asl eleccións.

Prégase a colaboración tanto dos profesores das materias afectadas como a participación dos alumnos.