Acreditación ABET

ABET

Nos próximos días 23, 24 e 25 de outubro está previsto que un equipo do ABET (Accreditation Board for Engineering and Technology) se desprace á nosa escola para iniciar a acreditación do Mestrado en Enxeñería Industrial.

Como xa sabedes, dende fai tempo a Escola ven traballando para levar a cabo este proceso e logrou pasar os prerrequisitos para poder acadar a prestixiosa acreditación desta organización xa que consideramos que é un proceso moi importante para a nosa escola e que nos permitirá seguir avanzando na calidade das nosas titulacións.

Como é habitual neste tipo de procesos, ao longo do mesmo, o equipo de acreditación levará a cabo unha serie de contactos con estudantes, profesores, persoal de servizos, equipo de goberno,... e tamén está previsto que realicen unha visita polas nosas instalacións (Laboratorios, aulas informáticas,...)

Documents and links