Xornada Automation Update con Tecnoloxía Beckhoff

beckhoff

O vindeiro día 17 de outubro terá lugar na Escola de Enxeñería Industrial, Sede Campus, o evento Automation Update onde se presentarán os desenvolvementos actuais, tendencias e solucións industriais aplicando a tecnoloxía Beckhoff.

Ademáis destas presentacións, ofrecerase a posibilidade de ver os equipos, testear o software de control, etc.

Nesta sesión participarán algúns Products Managers da central de Beckhoff en Alemania, así como especialistas da sede de Barcelona.

O acceso ás ponencias será libre para todos os interesados, sin necesidade de reserva previa. Para o PDI que desexe participar no evento completo (café e catering ao final da xornada, requírese reserva a través da web, mail ou teléfono do distribuidor AINSE.

Axenda da Xornada

08:15 - 08:50 Rexistro

08:50 - 09:00 Benvida a cargo do distribuidor AINSE

09:00 - 09:25 Historia e Overview Beckhoff: percorrido dende os inicios ata agora e solucións de control. Ponente: Miquel Coca, Account Manager Barcelona

09:30 - 10:30 EtherCAT & Fieldbus System: principio do Bus EtherCAT e percorrido pola nosa solución das E/E. Ponente: Javier Machado, Product Manager I/O Systems

10:30 - 11:00 Pausa café

11:00 - 12:30 TwinCAT 3: nova era na programación orientada a obxectos baixo un entorno familiar como é Microsoft Visual Studio. Integración PLC, NC, HMI, IoT-Industry4.0. Ponente: Javier Menchén, Technical Director Barcelona

12:30 - 13:30 Motion Technology: Resumen da solución Motion. Ponente: Lluis Moreno, Account Manager XTS

13:30 - 14:00 Novidades e revolución dos IPC: do PC ao Embedded PC. Panel PC e monitores para zonas clasificadas EX. Ponente: Miquel Coca, Account Magener Barcelona

14:00 - 14:30 Cronoloxía Beckhoff na Escola de Enxeñería Indutrial e visita as aulas Ricardo Marín e Beckhoff. Ponente: Julio Garrido, profesor do Dpto. de Sistemas e Automática.

14:30 - 15:40 Catering e fin da Xornada.