Asignación definitiva de grupos e Subgrupos de Prácticas

graos

Os alumnos da EEI matriculados poden consultar a súa asignación definitiva de grupo e subgrupo de prácticas para o curso 2017/2018 a través da Secretaría Virtual do alumno.

Aqueles alumnos que solicitaron un cambio de grupo e éste lles foi concedido, teñen modificada a súa asignación de grupo. Se o grupo e subgrupo de prácticas non está modificado é porque a solicitude de cambio de grupo non puido ser aceptada. 

Recordamos que:

  • As preferencias de grupo son meramente informativas e non vinculantes para o centro
  • A adxudicación de alumnos faise tendo en conta as necesidades de organización académica da EEI
  • Os alumnos que se lles foi concedido un cambio de grupo, non poden volver ao grupo asignado inicialmente
  • Non se aceptan cambios de subgrupo de prácticas