Asignación de grupos e Subgrupos de Prácticas

graos

Os alumnos matriculados nalgún grao da EEI xa poden consultar a través da Secretaría Virtual a súa asignación de grupo e subgrupo de prácticas para o curso 2017/2018.

Os alumnos poderán solicitar un cambio de grupo (non se aceptan cambios de subgrupos de prácticas) dende mañá martes e ata o vindeiro xoves 7 de setembro ás 14:00 horas a través do formulario de solicitude de cambio de grupo. Soamente se atenderán aquelas solicitudes que se realicen mediante este formulario e estén debidamente xustificadas.

Recordamos que as preferencias de grupo son meramente informativas e non vinculantes para o centro. A adxudicación de alumnos farase tendo en conta o expediente académico e as necesidades de organización académica da EEI.

Os alumnos que soliciten un cambio de grupo e lles sexa concedido, non poderán volver a cambiar de grupo, nin volver ao grupo asignado inicialmente.