Asignación de grupo ós alumnos de iniciación de estudos

graos

Os alumnos que comezan estudos nalgún Grao da EEI (1º curso) e matriculados nos dous primeiros chamamentos da CIUG, poderán consultar dende o vindeiro luns a través da Secretaría Virtual a súa asignación de grupo e subgrupo de prácticas para o curso 2017/2018.

Recordamos que as preferencias de grupo son meramente informativas e non vinculantes para o centro. A adxudicación de alumnos faise tendo en conta o expediente académico e as necesidades de organización académica da EEI.

Aos alumnos que se matriculen durante os seguintes chamamentos, asignaráselle o grupo no mes de setembro segundo a matrícula.

Recorda que a actividade académica comeza o mércores 6 de setembro de 2017 e son de asistencia obrigatoria para todos os alumnos.