Mestrado de Enxeñería Industrial e Organización 2017/2018

mei

Os alumnos interesados en cursar o Mestrado de Enxeñería Indudstrial ou o Mestrado de Enxeñería de Organización durante o curso 2017/2018 deberán realizar a preinscrición dende mañá martes e ata o vindeiro 27 de xullo de 2017 a través da aplicación de preinscrición da Universidade de Vigo.

A convocatoria de matrícula, calendario de preinscrición e matrícula e prezos oficiais están publicados na web da Universidade de Vigo.

A listaxe provisional de alumos admitidos e excluídos publicarase o luns 31 de xullo de 2017.