Curso NI LabView Core 2

labview

Dentro das actividades recollidas no marco do convenio de colaboración entre National Instruments e as Escolas de Enxeñería de Telecomunicacións e a Escola de Enxeñería Industrial impartirase durante os días 18 e 19 de xullo un curso de LabView Core 2.

Este curso vai dirixido únicamente ao Persoal Docente e Investigador das escolas de enxeñería mencionadas e que xa realizara previamente o curso de LabView Core 1 impartido no mes de xuño. Os asistentes poderán acreditarse realizando un exame tipo test de 40 preguntas relacionadas co contido dos cursos e, de superalo, obterán a súa correspondente acreditación.