Taller sobre o uso de estándares no ámbito universitario

taller UNE

Durante os días 19 e 20 de xullo de 2017 (de 09 a 14 horas) impartirase un taller sobre o uso de estándares no ámbito universitario na Escola de Enxeñería Industrial, Sede Campus.

Este curso será impartido por profesionais da Asociación Española de Normalización (UNE). Esta asociación é a única entidade de normalización que liderou en España a certificación e posteriormente a formación en materia de calidade, medio ambiente e prevención de riscos laborais.

Os obxectivos desta acción formativa son:

  • Coñecer a importancia económica da normalización
  • Aprender os principios básicos da estandarización
  • Adquirir técnicas e recursos para educar sobre estandarización
  • Ser capaces de desarrollar un caso práctico de incorporación de estándares en materias concretas
  • Compender o papel dos estándares no comercio, a lexislación e os proxectos de I+D+i

Este curso vai dirixido tanto a persoal docente e investigador, como a alumnos interesados. A inscripción é gratuíta e as prazas son limitadas.