Curso NI LabView Core 1

labview

Dentro das actividades recollidas no marco do convenio de colaboración entre National Instruments e as Escolas de Enxeñería de Telecomunicacións e a Escola de Enxeñería Industrial impartirase durante os días 20, 21 e 22 de xuño un curso de LabView Core 1.

Este curso, que será o primeiro dos cursos a impartir, completarase previsiblemente en setembro coa impartición do curso LabView Core 2. Os asistentes poderán acreditarse realizando un exame tipo test de 40 preguntas relacionadas co contido dos cursos e, de superalo, obterán a súa correspondente acreditación.