Xornada de Orientación Profesional

xornada profesion

O Ilustre Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia (ICOIIG) e o Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Industriais de Vigo (COITIVIGO) organizan conxuntamente unha nova edición da Xornada de Orientación Profesional para as titulacións de Grao e Mestrado da Enxeñería da Rama Industrial, dirixida fundamentalmente a alumnos de último curso e titulados recentes.

Este evento terá lugar o vindeiro xoves 25 de maio, de 18:00 h. a 21:00 h., no Paraninfo da Sede Cidade da Escola de Enxeñería Industrial.

Entre os contidos a tratar na xornada atópanse os seguintes:

  • Alternativas para continuación de estudos.
  • Prácticas en empresas.
  • As PEMEs e as grandes empresas.
  • O acceso á  Administración Pública.
  • A actividade docente.
  • A actividade técnica-comercial.
  • Autoemprego e empresariado.
  • Exercizo libre da profesión.
  • Exercizo profesional a nivel europeo.
  • Asociacións e colexios profesionais.

A inscrición pódese realizar a través do formulario. Dipóñense de 100 prazas.

Entregarase diploma acreditativo aos asistentes.

Documentos e enlaces