Zara Talent Talk

inditex

O vindeiro martes, 18 de abril de 2017 ás 12:00 horas no Salón de Actos da Escola de Enxeñería Industrial, Sede Campus, terá lugar a presentación do programa de talento junior da compañía INDITEX. Durante a xornada, presentarase a compañía e os proxectos enfocados a perfís junior.

Aqueles alumnos que estén interesados en participar deberán confirmar asistencia enviando un correo electrónico cos seus datos a gio@uvigo.es