II Xornada CDTI - EEI

II jornada CDTI

O Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico Industrial (CDTI), é unha entidade pública empresarial dependente do Ministerio de Economía e Competitividade que promove a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico das empresas españolas.

Esta entidade canaliza as solicitudes de financiamento e apoio aos proxectos de I+D+i das empresas españolas nos ámbitos estatal e internacional e fomenta a colaboración empresa-universidade incentivando aqueles proxectos de I+D+i nos que existe unha subcontratación de grupos de investigación universitarios por un importe de a lo menos, un 10% do total do proxecto.

Dende a Dirección da Escola de Enxeñería Industrial organízanse estas xornadas con dous obxectivos:

  1. Actualizar os nosos coñecementos sobre a súa oferta de financiamento empresarial de proxectos, onde teñen cabida os grupos de investigación da EEI como colaboradores no apartado de subcontratación
  2. A presentación e primeira avaliación presencial de proxectos de I+D+i en colaboración empresa-universidade, para coñecer se poderían ser financiados polo CDTI

Por isto, a xornada dividirase en dúas partes: unha primeira aberta a tódolos investigadores e empresas interesadas e unha segunda parte de presentacións de proxectos individualizados e privados entre o técnico do CDTI e os representantes da empresa e do grupo de investigación.

En paralelo, estase contactando con empresas coas que a Escola mantén colaboración para que, aqueles interesados podan amosar as instalacións de investigación ás empresas potencialmente interesadas en proxectos de I+D+i.