Distincións Fin de Carreira 2017 ICOIIG

icoiig

O Ilustre Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia (ICOIIG) lanza a convocatoria de Distincións Fin de Carreira 2017.

Nesta convocatoria poderán participar os autores dos Proxectos Finais de Carreira da titulación de Enxeñeiro Industrial e Traballos Fin de Mestrado do Mestrado de Enxeñería Industrial que finalizaran os seus estudos na Escola de Enxeñería Industrial de Vigo.

Entregaranse dúas distincións, unha para o mellor proxecto tradicional e outra para o mellor proxecto de introducción á investigación, cun premio de 625 euros para cada un. No caso de non haber proxectos nunha das modalidades, os premios serán de 800 e 450 euros, respectivamente para o 1º premio e o accésit. A todos os premiados se lles entregará un pergamino artístico no que se certificará a súa distinción.

O prazo de presentación da documentación finaliza ás 14 horas do día 17 de abril de 2017.