Seminario de Adquisición de Datos

labview

O vindeiro luns 20 de febreiro, de 10:00 a 13:00 horas, terá lugar na Escola de Enxeñería Industrial - Sede Campus unha xornada técnica de carácter práctico sobre a adquisición de datos na que se realizarán exercicios de medidas de TC, pt100, galga, acelerómetro, micrófono,... con Labview.

Esta xornada está destinada aos distintos departamentos e grupos da universidade de Vigo dentro do marco de colaboración establecido con National Instruments.

Para a xornada dispoñerase de 8 portátiles e 8 equipos de adquisición de datos Compactdaq. Cada equipo dispoñerá dos módulos necesarios. A capacidade máxima sería de 16 persoas (2 por posto).

A solicitude de participación deberá realizarse mediante o formulario adxunto antes do próximo xoves día 16 de febreiro. A inscrición será por rigoroso orde de rexistro.

Documents and links